domingo, 21 de febrero de 2016

Concerto de Acordeóns

A escola de acordeóns do Centro Veciñal e Cultural de Valadares, deleitounos cun repertorio de cantigas populares que nos fixeron recordar momentos especiais.


Festival infantil do Entroido 2016

Unha estupenda tarde de festa dirixida polo paiaso Rony Macarroni. Tivemos desfiles, xogos,... e unha estupenda obra de teatro representada polo grupo de teatro infantil do noso centro cultural, titulada "a consulta da doctora Casilda". Deixo a obra para que a podades ver se non poidestes asistir ó festival.


Concerto de panxoliñas

O noso coro, "Ars Vocalist", dirixido por Manuel Cunqueiro, ofreceunos un maravilloso concerto en Nadal. Deixovos un anaco da actuación.


Concerto Coral de Santa Cecilia

Canción "Eres tú" interpretada pola coral polifónica do centro veciñal e cultural de Valladares, no día 21 de Novembro.


MAGOSTO 2015


Resumo da festa do magosto 2015, onde mostramos as actividades e o grupo que nos acompañou este ano, Grupo Folclórico Asubios. 

4º ciclo de teatro aficionado Enrique Landesa

Aquí vos deixo un anaco da obra de Juan José A. Millàn representada polo Grupo de Teatro "Rueiro" no IV CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO "ENRIQUE LANDESA".